xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

Copla 1:
Todo o mundo di na vila
que o home está moi forte
como moito molestaba
foise indo cara a corte.


Copla 2:
Todo o día molestando
non me deixa escoitar
toda a canción noviña
e bonita de cantar.



Copla 3:
Se che gusta o galego
veña esperta moi cedo
veña que xa temos presa
que queremos xa galego.


   Imaxe de stevep en  Pixbay
                                           

venres, 5 de abril de 2019

Preguntas

Boas!!

Hoxe vos vou falar doutra maneira coa que podes aprobar.



PREGUNTAS:

Primeiro pechas o libro e escribes preguntas que podan aparecer no exame.
Segundo respondes as preguntas.
Terceiro mira no libro se respondiches ven.

Espero que vos sirva de axuda.

Adeus!!

  Imaxe de cromaconceptovisual en Pixbay
                                                         

Os esquemas

 Boas!!
Hoxe vou  falar de outra das maneiras coas que se pode estudar, os "esquemas":


ESQUEMAS:

Primeiro pechas o libro e fas uns esquemas do tema.
Segundo mira no libro se che falta algo e se che falta o poñas.
Terceira estuda polos esquemas e nunca che esquecerás do máis importantes do tema.

Así non se che esquecerá nada.


Adeus!!


 Imaxe de rawpixel en Pixbay
                                                         

mércores, 3 de abril de 2019

Primeiro vídeo



Regueifas


COPLA 1

Os raparigos de agora
 Imaxe deGDJ en Pixbay
sonche moi espavilados
casa non falan galego
por iso son enrolados.

COPLA 2

Veña homes e mulleres
veña todos saltade
xa case o conseguimos
nos queremos igualdade.                              
                                                                                                                                                                                                               

Como estudar?

Boas!!
Hoxe os ensinarei un dos trucos co que se pode estudar.

RESUMO

Co resumo pódese estudar moi fácil e non se che esquecerá nada.
Primeiro tes que pechar o libro e facer un resumo do que estas dando neste tema.
Segundo tes que mirar no libro se che esqueciches algo o podes poñer.
Terceiro tes que estudalo moito sen mirar o libro e como e un resumo non se che esquecerá nada do exame.

Espero que vos sirva.
Adeus!!



Imaxe de Mediamodifier en Pixbay
                                     

martes, 2 de abril de 2019

Análises da noticia 2:Incendio en Dodro e Rianxo


NOTICIA:

O incendio de Dodro e Rianxo foi causado por unha chispa dun poste eléctrico.


FONTES DE INFORMACIÓN:

Fonte incendio Dodro e Rianxo de La voz de Galicia.

Fonte incendio Dodro e Rianxo de El Correo Gallego.


RESUMO DA NOTICIA:

Axentes da Policía Autonómica e os axentes forestais han esclarecido que o incendio que afectou a Dodro e Rianxo foi causado por unha chispa dun poste eléctrico. Este incendio comezou o pasado  luns na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e afectou a 1.162 hectáreas en total.

OPINIÓN CRÍTICA:

Paréceme mal que haxa xente tan mala como para queimar o planeta, e que o monte non este limpo, xa que neste caso foi unha chispa, pero se se propagou tanto é porque non estaba limpo o bosque. Ao mellor se houbese sido por culpa dunha persoa pareceríanos peor, pero aínda así non poderíamos estar tan abraiados xa que os culpables somos nos por non coidar o noso planeta ,e aínda que esa persoa fose a culpable, nos teriamos máis  culpa por tirar o lixo.


Imaxe de Ylvers en pixbay.
                  

Huawei

VERDADEIRAS: Panasonic segue con Huawei. Fonte de información. Google rompe con Huawei. Fonte de información . O Huawei Mate 20Pro volve...