domingo, 2 de xuño de 2019

Huawei

VERDADEIRAS:
Panasonic segue con Huawei. Fonte de información.
Google rompe con Huawei. Fonte de información.
O Huawei Mate 20Pro volve ao programa de betas de Androi Q. Fonte de información.

FALSAS:
Dicir que non traballan co goberno de China. Fonte de información.
Dicir que as fotos sacadas do Huawei P30 non son sacadas de internetFonte de información.
Novo Huawei 20 pro.   vídeo Youtube




                                           Imaxe de jeanvdmeulen fonte de pixbay.
                                     

sábado, 1 de xuño de 2019

Constrúese un novo teatro na Pobra do Caramiñal

       Novo teatro na Pobra do Caramiñal
                      Novo teatro na calle Venecia


  O teatro que se construirá na Pobra. Imaxe de MustangJoe. Fonte de pixbay.

       
UXÍA P.  

A POBRA DO CARAMIÑAL 01/06/2019/ 13:37



Na Pobra do Caramiñal o 3 de marzo de 2020 construirase un novo teatro na calle de Venecia. O alcalde afirma que o teatro comezará a construírse en xaneiro. 

Os albaneis  afirma que comezarán o 13 de xaneiro xa que o teatro tardará en construírse.
Chamarase O teatro Caramiñal e será de 200 metros. Terá espazo para 200 persoas e será de dúas prantas.  A primeira onde está o escenario e a segunda para os camerinos dos actores e actrices.
Será construído por un grupo de albaneis moi cualificado e será deseñado coma se fose un palacio. Con cortinas e moitas butacas.
Decidiuse construír xa que non hai moitos lugares na Pobra para poder interpretar as actuacións.
Esta idea foi de Teresa González, unha cidadana da Pobra que xa o tentara facer outros anos e non lle deran  permiso. Ao principio o teatro non ía a ser construído na calle Venecia, o que se ía facer é derruír o cine Elma e íase construír aí. Isto non xe fixo porque un grupo de cidadáns non quería derruír algo que estivo tanto tempo na Pobra.
Este teatro rematará de construírse o 20 de marzo é o día 24 de marzo será a inauguración do teatro, nesta poderá ir todo o que queira ir e farase unha actuación de teatro para que as persoas vexan coma se ven as actuacións no teatro.

xoves, 30 de maio de 2019

21 días co galego.

Boas.

Hoxe vos vou falar dun proxecto que fixemos no instituto, este é: 21 días co galego. Vouvos falar de que trata:


Os 21 días co galego é un proxecto no que tes que falar 21 días seguidos en galego. Neste días había tarefas en grupos ou reflexións, que son:

- Tarefas en grupo: Eran grupos de 4 e facías o que tiñas que facer e o facías, algunhas das tarefas foron, facer unha receita, facer unha obra de teatro, e moitas máis divertidas.

- Reflexións: Isto, a diferencia das tarefas en grupo, era en solitario, che facían preguntas e ti che gravabas respondendo estas preguntas sobre  o proxecto.

Aquí remata o que teño que explicar sobre este divertido proxecto, espero que vos gustara saber de que trata.


ADEUS.

  Imaxe de pixel 2013 de  pixabay
                                                 

domingo, 19 de maio de 2019

Morren dúas persoas nun incendio na Pobra do Caramiñal



         Morren dúas persoas nun incendio na                   Pobra do Caramiñal

               10 feridos e 2 mortos.


  O bosque onde se atopou o misto. Imaxe de Ylvers. Fonte pixbay.



UXÍA  P. 

A POBRA DO CARAMIÑAL   01/06/2019/14:58

O día 25 de Febreiro as 16:00 comezou un incendio na Pobra do Caramiñal, neste desafortunadamente morreron dúas persoas, un neno, Jorge Martínez e unha muller, Rosa Calo, tamén foron feridas 10 persoas.
 Os bombeiros non foron capaces de apagalo ata as 17:30 da tarde do mesmo día, tamén afirman que foi causado apropósito por alguén xa que no lugar dos feitos había un misto prendido, a policía interrogou a unhas persoas que estaban no lugar  a esa hora.
 Ao final do día o culpable o dixo e puxéronlle unha multa de 100 euros xa que o incendio non chegou a estenderse demasiado. Unha muller afirma ver a ese home no lugar ,e os bombeiros afirman que esta testemuña é certa.
O home que o fixo chamase Xosé María e despois de pagar a multa ten que facer servizo comunitario.
O lugar do suceso estaba preto dunha escola e agora teñen que reconstruíla.





                                  



venres, 17 de maio de 2019

Musica galega 2.

MÚSICA GALEGA:


- Muiñeiras: compás de 6/8, rápida e existen unhas variedades.
- Xotas.- Maneos.
- Alalás.



                                     CHAO
         
Imaxe de MIH83 en Pixbay

venres, 10 de maio de 2019

Música galega 1.

MÚSICA GALEGA:


Algúns dos instrumentos que podemos escoitar na música galega moderna son:

- A gaita: O fuelle de pel permite ao intérprete alargar o son sen ter que soprar sempre. O ronco, o tubo que se apoia no ombreiro, emite un son continuo e o punteiro é o tubo onde se interpretan as melodías.
- A zanfona: De orixe moi antigo, funciona co frotamento sobre as cordas, poden estar feitas de tripas de animais.
- A pandeireta: Está feita dun marco redondo de madeira cuberto de pel onde se insertan pequenas pezas de metal chamadas ferreñas.
- O pandeiro: Este instrumento cadrado de percusión soa golpeando cas mans a membrana, feita de pel de cabra tensada sobre un marco de madeira.
- O acordeón: De orixe centroeuropeo, foi inventado no siglo XIX e logo xa pasou a formar parte da tradicional música do continente.

  Imaxe de Skitterphoto en pixbay
                                         

xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas

Copla 1:
Todo o mundo di na vila
que o home está moi forte
como moito molestaba
foise indo cara a corte.


Copla 2:
Todo o día molestando
non me deixa escoitar
toda a canción noviña
e bonita de cantar.



Copla 3:
Se che gusta o galego
veña esperta moi cedo
veña que xa temos presa
que queremos xa galego.


   Imaxe de stevep en  Pixbay
                                           

venres, 5 de abril de 2019

Preguntas

Boas!!

Hoxe vos vou falar doutra maneira coa que podes aprobar.



PREGUNTAS:

Primeiro pechas o libro e escribes preguntas que podan aparecer no exame.
Segundo respondes as preguntas.
Terceiro mira no libro se respondiches ven.

Espero que vos sirva de axuda.

Adeus!!

  Imaxe de cromaconceptovisual en Pixbay
                                                         

Os esquemas

 Boas!!
Hoxe vou  falar de outra das maneiras coas que se pode estudar, os "esquemas":


ESQUEMAS:

Primeiro pechas o libro e fas uns esquemas do tema.
Segundo mira no libro se che falta algo e se che falta o poñas.
Terceira estuda polos esquemas e nunca che esquecerás do máis importantes do tema.

Así non se che esquecerá nada.


Adeus!!


 Imaxe de rawpixel en Pixbay
                                                         

mércores, 3 de abril de 2019

Primeiro vídeo



Regueifas


COPLA 1

Os raparigos de agora
 Imaxe deGDJ en Pixbay
sonche moi espavilados
casa non falan galego
por iso son enrolados.

COPLA 2

Veña homes e mulleres
veña todos saltade
xa case o conseguimos
nos queremos igualdade.                              
                                                                                                                                                                                                               

Como estudar?

Boas!!
Hoxe os ensinarei un dos trucos co que se pode estudar.

RESUMO

Co resumo pódese estudar moi fácil e non se che esquecerá nada.
Primeiro tes que pechar o libro e facer un resumo do que estas dando neste tema.
Segundo tes que mirar no libro se che esqueciches algo o podes poñer.
Terceiro tes que estudalo moito sen mirar o libro e como e un resumo non se che esquecerá nada do exame.

Espero que vos sirva.
Adeus!!



Imaxe de Mediamodifier en Pixbay
                                     

martes, 2 de abril de 2019

Análises da noticia 2:Incendio en Dodro e Rianxo


NOTICIA:

O incendio de Dodro e Rianxo foi causado por unha chispa dun poste eléctrico.


FONTES DE INFORMACIÓN:

Fonte incendio Dodro e Rianxo de La voz de Galicia.

Fonte incendio Dodro e Rianxo de El Correo Gallego.


RESUMO DA NOTICIA:

Axentes da Policía Autonómica e os axentes forestais han esclarecido que o incendio que afectou a Dodro e Rianxo foi causado por unha chispa dun poste eléctrico. Este incendio comezou o pasado  luns na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e afectou a 1.162 hectáreas en total.

OPINIÓN CRÍTICA:

Paréceme mal que haxa xente tan mala como para queimar o planeta, e que o monte non este limpo, xa que neste caso foi unha chispa, pero se se propagou tanto é porque non estaba limpo o bosque. Ao mellor se houbese sido por culpa dunha persoa pareceríanos peor, pero aínda así non poderíamos estar tan abraiados xa que os culpables somos nos por non coidar o noso planeta ,e aínda que esa persoa fose a culpable, nos teriamos máis  culpa por tirar o lixo.


Imaxe de Ylvers en pixbay.
                  

luns, 25 de marzo de 2019

Analise da noticia 1: Avós atracadores

 Fonte Pixabay.


NOTICIA:

Detidos dous avós atracadores de bancos que fuxían no transporte público.

FONTE DE INFORMACIÓN:

Fonte avós atracadores de Diario de Arousa.

Fonte avós atracadores de rtve.

RESUMO DA NOTICIA:

Dous anciáns detidos polo atraco con armas de lume e atando aos empregados a dous bancos en Barcelona, leváronse o botín que ascendía a 35.00 e 45.00 euros en metálico no transporte público.

OPINIÓN CRÍTICA:

Paréceme mal que a xente se apropie do alleo, e aínda máis a forza, pero o que máis me chama a atención é que sexa xente tan maior quen comete eses delitos tan graves.

domingo, 17 de marzo de 2019

Primeiro post


Boas, este e o meu novo post espero que vos guste.

Vou dicir técnicas de como estudar:

- Resumes
- Esquemas
- Facerse preguntas que poden entrar no exame

E moitas cousas mais que vos irei contestando ao longo dos meus posts.

Adeus!!

      Imaxe de IvanPais en Pixbay
                                                     

Presentación


Boas, eu son Uxía e este e o meu blog.


Este é o meu primeiro post, neste blog vou falar de como e a vida dun estudante no instituto.
Espero que vos guste.


Vou falar de:

Como estudar?
Como concentrarse?
Como aprender?...
Bou ensinar como facer todo isto e máis. Tamén vou ensinarvos como son os métodos de estudo que eu recomendo, aínda que non sempre funcioan soen ser moi eficaces.

Adeus!
    Imaxe de rawpixe en Pixbay
                                                         

Huawei

VERDADEIRAS: Panasonic segue con Huawei. Fonte de información. Google rompe con Huawei. Fonte de información . O Huawei Mate 20Pro volve...